sábado, 16 de mayo de 2015

memorias dun avo- transicion


Cando saqueille o tema da transición o meu avó , apreciei como esbozou unha pequena sonrisa , despois de falar de todas estas malas etapas

Díxome que cando chegou a democracia e puido votar libremente e todo iso , foi feliz porque xa se podía falar en alto sen medo, pensar o que te guste , recorda que nas eleccións do 77 votou pola esquerda e cando lle preguntei por quen votara riuse de min e díxome “ porque ia votar home , pola esquerda, ata o dia en que me mora votarei pola esquerda “ porque o seu pai llelo inculcou de pequeno

 lembrase cando sacaron a estatua de franco e cando a viu pasar aínda lle daba un noseque ver esa estatua  o medo a outro golpe de estado sempre houbo porque o 23-F houbo un golpe de estado , entón aquel dia díxome que sentiu unha gran pena mentres dicía “ outra vez”

El me di que autenticamente democrática non lle pareceu esa transición, porque os culpables non tiveran ningún castigo , fóronse de rosiñas, tamén pensa que unha democracia con rei e unha democracia coxa , isto o di porque moita xente pensa que temos unha democracia , pero el non o cre e o duda moitas veces. Meu avó díxome isto “ a amnistía non a tiñan que pedir para os presos políticos , porque non habían feito ningún delito, a amnistía se a deron a eles mesmos  o franquismo para asumir os postos democráticos que seguen a manter hoxe “

O meu avó di que temos unha democracia basura , e moitas veces preguntase para que han loitado , para esta basura ¿? , díxome que habían loitado para ter unha democracia mellor da que temos agora e para o futuro mellor dos seus fillos para que tiveran as cousas mellor que eles. Díxome que a situación actual se entristece porque ve a moita xente nova ante unha mala situación que lle recorda a súa , e ve como as novas xeracións non loitan como loitou a súa , e iso que estamos mais informados e temos mellor a situación económica e precisamente por isto ultimo non sabemos valorar as cousas , porque me dixo que si nos chegásemos a ter a fame que tivo a súa , actuariamos de outra maneira.

No hay comentarios:

Publicar un comentario