sábado, 16 de mayo de 2015

memorias dun avo- posguerra


Tamen falando co meu avo pregunteille sobre a posguerra e como había vivido el esa etapa

Dixome que foron anos de moita fame e frio , con necesidades de todo tipo, dixome que non tiñan nada, nada que comprar que non había nada e a pouca cousa que había os presos subían e a xente non as podía comprar, el pensa que fame pasou todo o mundo pero ao mellor os franquistas non e recorda como franco mandaba aceite para arxentina e a veciña do meu avo tiña unha irma en arxentina e lle mandaba latas de aceite de 10 litros en barco , e as compartia co meu avo, e dicir o aceite de España llelo mandaban de arxentina , ao seu pai o pusieron en liberdade e o mandaron para Barcelona e tamen pasou moita fame porque coincidiu coa 2 guerra mundial, dixome que eran duas vidas o seu pai ali e a sua nai aquí e o seu pai mandaballe diñeiro pero que aquí non chegaba para nada porque aquí non había nada que comprar porque todo estaba moi caro.

Dixome que a sua felicidade era a escola , saber e aprender e lle encantaba e un dia cando chegou a escola o maestro lles dixo aos alumnos que os que foran a facer o bachillerato ou presentarvos para Bazán podedes vir a clase os demais non tedes que vir , xa sabedes suficiente

Dixome tamen que tiñan unha cartilla de racionamiento , que estaba todo racionado e era unha miseria o que lles daban pero tiñan un tio en Narón  e estiveron moito con el porque alí non había pan de racion , puxeran o concello de primeira e me dixome que non sabia porque non sabia se era porque había moitos agricultores e lles parecía que xa tiñan de sobra  e nunha ocasión se correu a voz de que en Naron ian a dar pan de racion e forón e viron cun bolo de pan de casi 1 kg , pero que sabia moi mal , era moi amargo , pero tiñan tanta gfame que se o comeron, tempo despois  oiulle dicir a un señor que vira unha montaña de fariña moverse porque estaba chea de gusanos e dicindo que todo iso se comera en Naron .iso tivo que ser o pan de ración. Dixome que había tal fame que el vira nunha ocasión a un neno da man da sua nai comendo un anaco de pan  e outro neno roboulle o pan e escapou correndo. A fame era tremenda tamen houbo moito frio ya que non tiñan ropa para taparse

No hay comentarios:

Publicar un comentario