miércoles, 25 de febrero de 2015

o can de palleiro


A pesar do que pensa moita xente o can de palleiro e un animal de raza autóctona galega moi intelixente con moitas actitudes para a caza,rastrexo e a garda .

Pero a actividade por excelencia do can de palleiro e como pastor para o manexo do gando xa que é rápido , axíl e forte , non como protector ainda que pode facelo. Xa que a constitución da sua mandibula non e para protexer como por exemplo o mastín que e mais robusto e coa cabeza mais grande.

Para identificar un can de palleiro hai que ter en conta a cabeza e o fouciño , que sexan rectos e o stop (parte entre os ollos ) e importante qu este pouco marcado.E logo as orellas ben abertas cara os lados, hainos de 3 cores : amarelo,negro e alobado.
Sempre se falou de que existía un can de palleiro pero neste ano : 1999   ( ano da recuperación da raza) surxe una inquetude e para averígualo se fixo un cuestionario aos veterinarios do saneamiento gandeiro para que informen de que tipos de cans están nas granxas de toda Galicia , froito deste cuestionario vese que en todas partes de Galicia hay un can moi similar e como consecuencia diso e cando surxe o estándar de raza can de palleiro e a partir de ahí e donde iniciase a recuperación. Posteriormente no ano 2001 publicase o estándar oficial de raza , recoñecida oficialmente  polo ministerio de agricultura como raza autóctona española. No ano 2002 constituese o club can de palleiro recoñecida pola Xuntade Galicia e colaboradora na recuperación do can de palleiro.
Entre as características do can de palleiro destacan:
O tamaño (60 cm na cruz)

E un can alargado

Cabeza en forma pirámide invertida
Orellas a ambos lados da cabeza lixeiramente abertas

Carácter versátil, podese adaptar a calquer traballo : policía, se probou noterzo de infantería de Ferrol, de terapia para nenos discapacitados e ancians , esta ultima moi de moda na actualidade

E un pouco  desconfiado( como os galegos jaja ) pero para nada miedoso isto e debido a que e un can de garda

E un can dócil, obediente e con iniciativa propia como di o refrán “o can de palleiro só lle falta falar”
A sua orixe ven dos pobos de Centroeuropa que coas migracions acercanse a Peninsula Iberica e foron colonizando o norte e noroeste e con estas tribus viñan os cans. Despois co clima,orografía e traballos que se lles pedían o can foi evolucionando o que hoxe en dia e o can de palleiro. Deste antecesor danse tamen razas coma o pastor alemán, pastor belga etc.

A crise galega co tema das migracions tamen afectou a este can xa que os galegos temos o defecto de creer que todo o de fora e mellor que o que temos.Entón o declive da raza foron os cruces indiscriminados foron de esa época porque cando os galegos volvían a Galicia traían outros cans de razas que estaban de moda de aquela e isto foi dexenerando a raza.
Nesta crise galega era un animal de segunda xa que non aportaba nin comida nin leite e era un luxo darlle de comer a un can que non producia nada polo que o can de palleiro sobrevivia durmindo( de ahí a sua gorda pelaxe) e  comendo o que atopaba no palleiro.
Ainda que é un can  en peligro de extinción últimamente e mais coñecido por  exemplo a un reportaxe de TV rusa que disparou a sua fama, tamen nun programa de arxentina , EEUU , Colombia, Brasil que este ultimo interesase cada vez mais en integrar na sua cultura o can de palleiro e esta comezando a facer una colonia de can de palleiro dedicado o traballo orixinal de este para o pastoreo  do gando
Existen cans de palleiro en México, Noruega e Brasil

Ao final vai haber mais cans de palleiro en países extranxeiros que no seu propio país de orixe isto parece incrible , que non nos demos conta de esta gran raza e que para darnos conta da sua grandeza nolo teñan que dicir os extranxeiros.Eu pensó que a xente non o valora por que non o coñece nin o seu aspecto coma o seu carácter e por iso o desprecian.
E o que tampouco entendo moi ben e que se e un can en perigo de extinción eu penso que os precios de esta raza non deberían de ser tan elevados , por termo medio custan entre 250-400 euros pero un prezo normal serían 350. A o meu parecer tiñan que ser mais accesibles sobre todo para a poboación galega e tiñan que ser mais promocionados

Tamen  hay que salientar outras razas galegas como : o podengo galego o perdigueiro galego(orientado a caza ) e o guicho o quisquelo




 

No hay comentarios:

Publicar un comentario