A rapa das bestas celébrase todos os veráns no pobo de Sabucedo ( Pontevedra). Ainda que non se sabe moi ben en que época comezou a celebrarse , as primeiras noticias de este feito se situan no seculo XVIII pero creese que e moito mais antiga xa que nos petroglifos de esa zona hai gravados nos que aparecen cabalos, moitos con xinetes intentando domar o animal
Esta tradición remontase a os antigos castrexos que non a facian para só marcar a propiedade dos xovenes potros senón tamen para sacrificar a algún cabalo para aproveitar a carne e para rendirlle culto a Teutates ( deus da guerra).Tamén para fabricar pinceles e brochas coas crins.
E dende un punto de vista ritual representaba o dominio do home sobre o animal.
Esta tradición sufriu ao longo do tempo moitos cambios primeiro co ámbito relixioso na que a Igrexa católica expón a sua versión e que di que houbo unha peste que devastou a bisbarra. Ante esta situación dúas irmás da aldea ofrecéronlle a San Lourenzo dúas bestas se as defendía do mal, e así foi. Mentres durou a peste as dúas irmás refuxiáronse nunha cabana afastada da aldea, e pasando a mesma doáronlle as bestas á Igrexa.
Outra modificación foi a data de celebración.
Antigamente facíase no día de Pentecostés, e hoxe en día celébrase no verán.
No hay comentarios:
Publicar un comentario